Posteado por: casiopea08 | Abril 15, 2008

Sociedade do coñecemento para todos?

Da lectura do capítulo 1, “De la sociedad de la información a las sociedades del conocimiento”, do Informe Mundial da Unesco Hacia las sociedades del conocimiento, eu destaco, en primeiro lugar, o establecemento da diferencia entre Sociedade da Información e Sociedade do coñecemento. Con frecuencia empréganse como sinónimos, máis a noción de sociedade da información baséase nos progresos tecnolóxicos. En cambio, o concepto de sociedades do conocimiento comprende dimensións sociais, éticas e políticas máis amplas.

Entresaco algunhas frases:

“Una sociedad del conocimiento debe garantizar el aprovechamiento compartido del saber.”

“La difusión de las tecnologías de la información y la comunicación abre nuevas posibilidades al desarrollo.”

Una sociedad del conocimiento hace especialmente hincapié en la capacidad para producir e integrar nuevos conocimientos y acceder a la información, el conocimiento, los datos y una vasta gama de conocimientos prácticos.”

“La noción de sociedades del conocimiento es más enriquecedora y promueve más la autonomía que los conceptos de tecnología y capacidad de conexión que a menudo constituyen un elemento central en los debates sobre la sociedad de la información.”

No capítulo, plantéxanse igualmente as bases nas que se pode asentar unha sociedade mundial do coñecemento que sexa fonte de desenvolvemento para todos e, especialmente, para os países menos adiantados. Para iso cómpre consolidar dous elementos garantidos ata o de agora dun xeito moi desigual: o acceso á información para todos e a libertade de expresión.

Vou centrarme no primeiro dos elementos. ¿O acceso a información é realmente para todos?

Existe unha xeografía de Internet, que curiosamente coincide coa xeografía do desenvolvemento. Na lectura temos uns cantos mapas para comprobar (e constatar) que a desigualdade tamén ten o seu correlato no acceso á información: canto menos desenvolvido está un país, menos posibilidades ten de acceder a mesma.

Son tantos os factores (recursos económicos, xeografía, idade, sexo, lingua, educación e procedencia sociolóxica e cultural, emprego, integridade física) que influen no afondamento da brecha dixital, que chega a ser cuestionable a universalidade do desenvolvemento tecnoloxico.

¿Que pensades vós?

Isabel


Dejar una respuesta

Su respuesta:

Categorías