Posteado por: casiopea08 | Abril 16, 2008

As desigualdades da sociedade no coñecemento

Neste primeiro capítulo titulado “Da sociedade da información ás sociedades do coñecemento” expóñense, ó meu ver, unhas conclusións que veñen poñer de manifesto unha vez máis que a do coñecemento non é ningunha excepción ó comportamento da SOCIEDADE (así con maiúsculas) e, polo tanto, nela camiñan do brazo o máis rutilante avance do coñecemento e a desigualdade máis ampla no acceso a el. Deste xeito, afóndase máis aínda nesa desigualdade, abrindo esa denominada “brecha dixital” que se vén sumar ás demais fendas que o progreso vai creando.

Este non é un comportamento nada novo. Cando empezou a xeralizarse o uso do radio ou da televisión, ¿quen accedía ós aparatos? Os que tiñan a solvencia económica para mercalos. Os demais foron accedendo, pero sempre con retraso. E ese retraso foi afondando aínda máis esa chamada “brecha cognitiva”. Con internet está a pasar igual. Nunca debemos perder de vista que información -e coñecemento- é poder. ¿Quen ten o poder?

Enlazando co argumento anterior, está a cuestión nada menor da liberdade de expresión. Coa desigualdade está claro que a liberdade é menos liberdade, porque exclúe do seu ámbito práctico a unha boa porción de individuos.

Logo está o concepto de responsabilidade que debe ir parello ó da liberdade de expresión. A cruz desta moeda mostra como o interese particular dalgúns poderes leva a tentar poñer en práctica medidas de control, que non deixan de ser unha censura encuberta e que moitas máis veces das que sería desexable oriéntase a reprimir grupos disidentes da opinión dominante. Pola súa banda, a cara presenta tamén a realidade certa dun estado desprotexido ante esa navegación libérrima polas ondas de internet. Se cos medios de comunicación ate o de agora manexados se ensaian unha serie de métodos de “autocontrol”, coa globalización da información é moito máis díficil conseguir resultados. Estase a falar da obrigatoriedade de rexistrarse, de sacar licencias de acceso, restricción de contidos…

É a autocensura unha vez máis.

Carmen Cotelo


Dejar una respuesta

Su respuesta:

Categorías