Logo do anticipo de onte, e visto este apartado I, interesante dende calquer enfoque, decir que todo quedaría perfectamente resumido si se entrelaza un chorro de conceptos moi recurrentes pero acertados, polo autor ó longo do artigo:
Novas tecnoloxías da información e comunicación; acceso á información para todos; desigualdade de acceso; dereitos e liberdades; dereitos humáns; liberdade de expresión e opinión; sin límite de fronteras; Censura; brecha dixital; loita contra as desigualdades; educación e formación; internet e telecomunicacións; exclusión da información; acceso barato e alta velocidade; equipamento: un factor de desigualdade; reducir a brecha dixital; principio de soliedaridade dixital; fondo de solidariedade dixital; converxencia tecnolóxica e servizo universal de acceso as novas tecnoloxías.
Todos eles axudan a entender a necesidade da existencia das sociedades do coñecemento, as diferencias por mor da falla de recursos. Non hai transferencia de coñecemento si non contamos nos distintos estados cun réxime político que crea nelas. O coñecemento debe tender á universalidade e non ser só privilexo dos países con recursos.
Apunta acertadamente o autor que as sociedades do coñecemento deben basearse nunha visión que fomenta a autonomía en términos de pluralidade, integración, solidariedade e participación. Cando debatimos sobre o coñecemento sempre nos esquecemos desto e centramos máis o debate en cuestións asociadas ás novas tecnoloxías que o que fixeron foi aumenta-la brecha entre ricos e pobres.
O empuxe das sociedades do coñecemento esixe un fortalecemento dos vínculos entre coñecemento e desenrrolo. Sen dúbida o coñecemento e a educación son garantes dunha sociedade de dereito consolidada. Para producir novos coñecementos, a información debe ser plural e circular libre. Si se da unha ausencia de liberdade de expresión, ainda que existan coñecementos, nunca se dará un aproveitamento compartido e polo tanto suporá un freo hacia a sociedades do coñecemento.
Finalmente só un matiz a todo esto que se da como certo: parece un feito que a difusión das novas tecnoloxías acelera o crecemento das sociedades do coñecemento pero, avancemos con “sentidiño”, en países coma o noso, pese a tratarse dunha sociedade moderna e máis ou menos avanzada, á vista de todo o que se difunde na TV, pode precipitarnos hacia un estado de “contracultura”, de difícil reparación.
Psieira
” El País” del 27-04-08 (Negocios pag. 47 )
Del articulo: El desafio que viene
Destaco el Cloud computing : “hoy en dia ya no es el acceso a Internet lo que preocupa sino el acceso desde multiples plataformas:móvil,sobremesa, PDA, iPod, etc”y lo relaciono con que 2.000 millones de personas no tienen corriente electrica segun pag 33 del Cap I
Por: marisa alvarez villanueva el Abril 29, 2008
a las 11:13 am