A evolución das novas tecnoloxías (xa nos estamos familiarizando con termos ata fai pouco descoñecidos para a maioría, biotecnoloxías e nanotecnoloxías), fan que a transformación sexa constante. Esta evolución tan radical produce á súa vez un estado de cambio en canto ós coñecementos e competencias así como afecta ós campos do traballo e do ocio debido ó novo liguaxe da informática.
En clave de actualidade, o autor interroga -ainda que dun xeito que nos permite adiviñar a resposta-, si as novas sociedades do coñecemento, que son esencialmente do inmaterial e sociedades en redes, amosan rasgos característicos que as distinguen claramente das sociedades do coñecemento que precederon históricamente a estas. Un aspecto positivo é que ó parecer e curiosamente, xa fora adiantado por Marx, no senso de que o coñecemento está mais a sustituir a forza do traballo e que a riqueza depende cada vez máis da ciencia e do progreso tecnolóxico.
En canto ó impacto, compartir a reflexión que afirma que para que a información se convirta en coñecemento fai falla algo mais que verificar os feitos. Debemos dominar competencias cognitivas, críticas e teóricas; o fomento destas competencias é precisamente o obxecto das sociedades do coñecemento. Por outra banda, precisar que a información en avalancha pode con nós, pero o verdadeiro coñecemento é o que permite unha orientación positiva desa información. Por eso debemos permanecer alerta ante a libre circulación de información e coñecementos que nos pode conducir -no ámbito das sociedades en redes-, a confundir entre “coñecemento para todos” e “coñecemento sobre todos”.
Polo que atinxe ás desigualdades entre N e S, o “retorno a sensatez” da economía mundial veu a darlle un respiro en termos de racionalización en relación a unha anterior etapa na que o sistema bursátil permitía que países ricos medraran por riba das sáus economías e outros emerxentes coma China ou India non vían reflectido o seu crecemento efectivo. Esto levaba á conclusión que as consecuencias mais inmediatas do desenvolvimento dunha economía baseada no coñecemento podía facer que os países ricos creceran máis á vez que os pobres quedaban estancados.
O exceso de información propiciado polas novas tecnoloxías soio será transformada en coñecemento a través do mecanismo de reflexión. As máquinas nunca poderán sustituír as persoas nesta actividade de análise e reflexión que permitirá o proceso de filtrado da información para que finalmente se transforme.
Memoria e novas tecnoloxías. Ata onde é positiva a externalización por automatización da memoria que nos leva a unha disminución do esforzo individual de memorización?. De outro xeito, merece atención o temor a que as novas tecnoloxías fagan desaparecer os tradicionais coñecementos teórico-prácticos de sempre. Neste senso, non debemos admitir a dixitalización do coñecemento como única norma cultural de asimilación deste.
Finalmente, comparto con rotundidade a alerta que lanza o autor en canto a que as formas de cultura dixital encamiñen a unha parte dos nosos mozos e mozas hacia unha sociedade de consumo e diversión xeralizada, non soio xa en países avanzados, senon que do mesmo xeito en países do Sur. Polo tanto reflexionemos: internet pode convertirse nun instrumento de edificación de sociedades do coñecemento pero tamén, pode conducirnos hacia esa sociedade de diversión-consumo e ocio que para nada resulta desexable.
Psieira.
O que vou dicir está claramente influido pola miña perspectiva profesional, pero, ao meu modo de ver, un dos grandes perigos hoxe en día é a sobreabundancia de información e o escaso sentido crítico hacia a mesma.
No meu traballo un dos obxectivo (pensando nos usuarios da biblioteca) é separar o trigo da palla e poderlle ofrecer a quen o demande fontes de información de calidade (porque non todo o que está en Internet é bo, eso está claro). trátase en efecto de conquerir que a información se convirta en coñecemento e sen reflexión non será posible.
Grazas Pepe polo teu post.
Isabel
Por: Isabel Casal el Abril 22, 2008
a las 8:31 pm