Posteado por: casiopea08 | Abril 23, 2008

Tecnoloxías para o coñecemento

Tralo estupendo resumo de Pepe, pouco queda por engadir. Por iso, voume centrar nalgúns aspectos das novas tecnoloxías da información que invitan á reflexión.

  • Os novos soportes do coñecemento caracterízanse pola interactividade, que ademais pode ser en tempo real. Esto ten que ver co carácter participativo e colaborativo do que se coñece coa web 2.0. Esa construcción común do coñecemento é, sen dúbida, un dos aspectos máis salientables e positivos.

Unha característica igualmente destacada, é clave do seu éxito, é a súa ergonomía, istó é a comodidade e facilidade de utilización

Sin embargo no intercambio de coñecementos existen puntos máis escuros. Pensemos no tema da piratería en Internet que afecta fundamentalmente o mundo do cine e a música (pero non en exclusiva) ¿Cales son os límites da mercantilización dos coñecementos? Por outro lado, non cabe pensar, di o autor da obra, “en una sociedad exclusivamente basada en una cultura de la gratuidad, porque no hay sociedad sin actividad económica”.

É un dilema importante. Por unha banda, o coñemento non pode ser unha mercadoría máis; pola outra, hai que garantir un equilibrio por momentos delicado entre a protección da propiedade intelectual e o aproveitamento compartido dos recursos.

  • Dise no texto que “La transformación de una información en conocimiento exige un trabajo de reflexión”. Para acadar esa transformación cómpre non so verificar a certeza ou verdade da información senón tamén, dominar certas competencias cognitivas, críticas e teóricas, e precisamente o seu fomento é un dos obxectivos das sociedades do conocimiento. Porque o que queremos é non quedar sepultados pola avalancha de informacións.

  • Outra frase para pensar:

“Las sociedades en redes son “sociedades de la clasificación”, en las que el tratamiento de la información se efectúa mediante la compilación de bases de datos. ¿Serán sociedades de vigilancia tecnológica las sociedades del conocimiento?”

A pregunta fica no aire.

  • As novas tecnoloxías da información deron lugar a novos soportes de almacenamento cunha capacidade cáseque ilimitada. Os costos (e os prazos) de redistribución da información a través de Internet son reducidos e ademais Internet, fronte a escritura e a imprenta (como medios de transmisión do coñecemento) aporta un carácter activo.

Pero ¿que sucede con todos ese datos científicos, artísticos, técnicos, médicos, xurídicos publicados en Internet? ¿Quen os garda para a súa transmisión ás xeracións vindeiras? Porque do que no cabe dúbida é de que se trata tamén de patrimonio. Para a UNESCO a noción de patrimonio na actualidade posúe xa unha dimensión dixital (Carta de la UNESCO sobre la preservación del patrimonio digital). Esto ten unha repercusión importante no funcionamento das tradicionais institucións de xestión do patrimonio (museos, bibliotecas e arquivos).

  • ¿Novos comportamentos culturais?

Os blogs constituen un fenómeno sumamente interesante que ademáis satisfan unha función social e cultural, os usuarios de Internet convirtense non só en receptores e posuidores desta nova cultura da era da información, senón tamén nos seus protagonistas.

Isabel Casal



Dejar una respuesta

Su respuesta:

Categorías