Efectivamente, debido as complexidades dos tempos cada individuo, durante a súa existenza está obrigado ó exercizo de varias profesións, por eso resultará indispensable seguir aprendendo ó longo de toda a vida.
Para facilitar esta adaptación ás novas sociedades do coñecemento o máis importante como individuos, será “aprender a aprender” como nova concepción das formas de educación.
No que levamos de curso fomos asimilando a necesidade – que se volve a por de manifesto-, de que a innovación necesita que vaian xurdindo novas necesidades na sociedade, dado que as ventaxes que poden obterse da innovación son sempre máis elevadas que os custes cognitivos.
Neste senso, destacar que ista necesita de un tempo para o seu desenrolo e que a veces non resulta doado de asimilar e cita o documento como exemplo de atranco que o uso da informática tropezóu en principio co recelo dos adultos. Tivo que pasar unha xeración para que as novas tecnoloxías entren de cheo nas costumes.
Dentro do carácter multidimensional do proceso innovador, o propio proceso implica un aproveitamento compartido do coñecemento entre “contribuíntes” de distinta procedencia, variando ó longo do tempo o público protagonista ou destinatario. Deste xeito as innovacións técnicas máis espectaculares, foron nos anos 60-70 proxectos tecnolóxicos como a conquista do espazo, trens de Alta Velocidade, Etc , sendo xeralmente os estados os principáis usuarios. Máis adiante a revolución tecnolóxica provoca o desarrollo das sociedades do coñecemento ó público dun xeito moito máis plural.
Nas sociedades de innovación a demanda de coñecemento estará en relación coas necesidades constantes de reciclaxe.
- A innovación esixe unha renovación permanente.
- Os mecanismos automatizados de xestión ou tratamento do coñecemento debemos aprecialos en clave de instrumentos que non nos fagan esquecer ou ignorar o acto de aprendizaxe en si, e tamén a función que mestres e educadores teñen que desempeñar no proceso.
Máis adiante ó incorporalo aprendizaxe como prioridade cognitiva, volve a sair o concepto de : Aprender a aprender, manifestándose como espello no seu significado máximo de aprender a reflexionar, dudar, adaptación rápida e cuestionamento do legado cultural propio respetando a situación de consensos. Por esta orden as pezas sobre as que deben fundamentarse as sociedades do coñecemento.
En canto a avaliación dos coñecementos, debemos ter en conta que estas, a diferencia de bens e servizos, carecen de unidades de medición obxectivos.
É unha dificultade xa que non se lle poden atribuir unidades de medida ós coñecementos.Os valores atribuíbles poden medirse en clave de velocidade de execución das tarefas cognitivas. Non é doado establecer criterios xeráis de avaliación. Unha solución sería separala función docente da do examinador, a fin de evitar unha subordinación moi exclusiva dos coñecementos impartidos ó rexime de avaliación.
En canto a disponibilidade dos coñecementos, xurden interrogantes sobre o que a actualidade nos obriga a reflexionar.
¿ Evolucionará o libro-emblema da difusión do coñecemento á vista dos novos soportes?
¿Que lugar ocuparán as bibliotecas?, ¿cal será a súa función dentro dos entornos da aprendizaxe?.
A biblioteca é e debe seguir sendo un espazo no que se aprenda a aprender e no que se transforme a información en coñecemento, facilitando considerablemente os itinerarios de aprendizaxe individualizado
PSieira

Fantástica foto, Pepe. Teño unha dúbida: ¿estabas ti no helicóptero sacando a foto?.
Saúdos
Mabela
Por: Isabel Casal el Mayo 10, 2008
a las 6:41 pm
Mabeliña, tiven a sorte de facer moitas fotos dende helicópteros, pero esta é obra dun compañeiro de Gardacostas de Galicia.
Psieira
Por: casiopea08 el Mayo 19, 2008
a las 4:59 pm