
A expresión “sociedade da aprendizaxe” (learning society) refirese a un novo tipo de sociedade na que a adquisición dos coñecementos non está confinada nas institucións educativas (no espazo), nin se limita á formación inicial (no tempo). É indispensable seguir aprendendo ao longo de toda a vida. Xa en 1969 Peter Drucker falaba de knowledge society. Agora mesmo en Europa estamos embarcados na construcción dun Espazo Europeo de Educación Superior, que entre outras ideas propugna a do aprendizaxe ao longo da vida e a idea fundamental de “aprender a aprender”.
Coa rápidez dos progresos técnicos, as competencias perden rápidamente actualidade, polo tanto é convinte fomentar nos distintos ámbitos do coñecemento a adquisición de mecanismos de aprendizaxe flexibles, e non impór un conxunto de coñecementos moi definido. Aprender a aprender significa aprender a reflexionar, dubidar, adaptarse e saber cuestionar o legado cultural propio respetando os consensos.
Aprender, un valor clave das sociedades do coñecemento
Por definición, unha sociedade da aprendizaxe non pode ser unha sociedade da mera información. Fronte aos posibles excesos que entraña a xeneralización dunha sociedade mundial da información, a noción de aprendizaxe (learning) introduce a dimensión de distancia crítica, para que sexa posible asimilar o cúmulo considerable de novos coñecementos que se producen periódicamente.
Por outra parte, o ser humano volve a ocupar un lugar esencial na adquisición e comunicación permanentes dos coñecementos. Este retorno non cuestiona a importancia da tecnoloxía. Non obstante, hai que recalcar (como xa indica Pepe no seu resumo) que as Tecnoloxías da Información son meros instrumentos que non nos autorizan a ignorar a función que os mestres e educadores de todo tipo teñen que desempeñar
A disponibilidade dos coñecementos
Unha das características máis importantes das sociedades do aprendizaxe é a
diversidade das modalidades de acceso ao coñecemento. Cabe preguntarse de qué maneira o libro, que foi durante tanto tempo o instrumento emblemático da circulación do coñecemento, vai evoluir cos novos soportes.
Os atributos fundamentais dos textos nunha pantalla son: ubicuidade (o texto está accesible dende calquera parte), fluidez (modificable con facilidade), interactividade, reseña integral (permite incorporar os documentos escritos a unha xigantesca base de datos na que os motores de búsqueda poden atopar rápidamente as páxinas, textos ou datos desexados) e fragmentación (a leve incomodidade que provoca a lectura en pantalla tende a facer que a operación de ler se faga baixo o signo da febrilidade e do zapeo). Están xurdindo formas híbridas do libro, mais o certo é ata o de agora non acadaron moito éxito dende o punto de vista comercial.
O futuro das bibliotecas
No texto, o autor pregúntase:
¿Qué lugar ocuparán las bibliotecas en las sociedades del conocimiento cuya misión es multiplicar y mejorar los entornos de aprendizaje? ¿Cómo se adaptarán a la configuración en redes?
Dende a miña experiencia podo sinalar que as bibliotecas adaptáronse bastante ben. Tras un presaxios nada alentadores e moitas voces catastrofistas que auguraban o fin das bibliotecas, a realidade é que, nuns ámbitos máis que noutros (as bibliotecas universitarias neste terreo soen ir por diante), a explosión das TIC viuse como oportunidade e non como ameza e sacouse moito proveito delas, de cara a millorar a prestación de servizos aos usuarios e aumentar a cooperación entre as bibliotecas (a nivel mundial incluso).
A biblioteca estase a escindir cada vez máis entre un lugar físico e un espazo virtual, entre o material impreso e a pantalla, e vai ter (xa o está a facer) que manexar unha masa de documentos moi considerable. Esa coexistencia hoxe de biblioteca física e biblioteca virtual está exemplificada no texto na figura da Biblioteca Alexandrina, pero hai máis exemplos e moito máis cerca de nós do que pensamos (nas bibliotecas públicas galegas xa é un feitoa coexistencia do físico e o virtual). Non obstante a vertente física é importante precisamente nas bibliotecas públicas, pois representa un nexo de unión na comunidade na que a biblioteca se inserta, ademáis de favorecer a función educativa, cultural e social, recoñecida dende o século XIX e ligada esteitamente á educación, á universidade, á investigación e á cultura. Así pois as bibliotecas desempeñaron (e desempeñarán) un papel fundamental na difusión dos coñecementos e agora tócalles ter un papel importante na reducción da brecha dixital,
A biblioteca é dende hai moito tempo un lugar no que se aprende a aprender e no que se transforma a información en coñecemento. Por iso nas sociedades baseadas na aprendizaxe ao longo de toda a vida, as bibliotecas teñen que promovelo e facilitalo a tódolos niveis.
Isabel Casal
Bibliotecaria (por se alguén non se dera de conta)